A Asociación Montes e Vales seguirá atendendo no Concello de Meira. Será na Casa da Cultura do Concello os luns e os mércores previa cita nos teléfonos 982330350 ou 607249987.
O horario de atención ao público será de 10:00h a 14:00 h da mañá.
Asociación Montes e Vales.
Entidade xestora da Convocatoria Leader Galiza 2007-2013
Quinta-feira, 8 de Março de 2012
Segunda-feira, 30 de Janeiro de 2012
O GDR MONTES E VALES PECHARÁ ESTE MES A SÚA OFICINA DE MEIRA
O GDR Montes e Vales vén de tomar a decisión de pechar a oficina coa que conta na localidade de Meira. Por razóns de reorganización interna no funcionamento da Asociación, a partir do 1 de Febreiro de 2012, contaremos unicamente ca oficina da Fonsagrada, situada na Avenida de Galiza, número 24, Baixo.
Debido a este traslado, queremos informarvos tamén dos cambios nos teléfonos de contacto. A partires do 1 de Febreiro, estará operativo o número de móbil 607249987 e a partires do 15 de Febreiro, o número fixo 982330350.
Debido a este traslado, queremos informarvos tamén dos cambios nos teléfonos de contacto. A partires do 1 de Febreiro, estará operativo o número de móbil 607249987 e a partires do 15 de Febreiro, o número fixo 982330350.
Quinta-feira, 15 de Dezembro de 2011
ASAMBLEA ORDINARIA 2011 DO GDR 3
O GDR Montes e Vales celebrará o vindeiro sábado, día 17 de Decembro, ás 11:00h da mañá a súa Asamblea Ordinaria no Salón de Actos de Os Chaos na Fonsagrada.
Sexta-feira, 12 de Agosto de 2011
Quinta-feira, 4 de Agosto de 2011
O Pobo das Néboas chega a Cantabria

A exposición "O Pobo das Néboas", financiada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales, chegará neste mes de Agosto a Cantabria.
Tras este paso polo País Cántabro, a colección seguirá o seu periplo por outros lugares, entre eles a cidade da Coruña.
Nesta exposición, recóllense fotografías do libro de Vicente Ansola.
Tras este paso polo País Cántabro, a colección seguirá o seu periplo por outros lugares, entre eles a cidade da Coruña.
Terça-feira, 26 de Julho de 2011
XORNADAS DE VITICULTURA EN NEGUEIRA DE MUÑIZ
Os vindeiros días 30 e 31 de Xullo, o GDR Montes e Vales organiza unhas Xornadas de Viticultura no Concello de Negueira de Muñiz co obxecto da posta en valor deste sector no noso territorio.
Contaremos ca asistencia de representantes da maior parte das Denominacións de Orixe do país, así como membros de adegas e da Administración.
Contaremos ca asistencia de representantes da maior parte das Denominacións de Orixe do país, así como membros de adegas e da Administración.
Segunda-feira, 18 de Julho de 2011
O Proxecto Wolf convírtese en transnacional

O pasado 28 de Xuño, o presidente do GDR Montes e Vales, Xosé Manuel López Tellado, asistiu en Monterrei (Ourense) á sinatura do Convenio que convertirá ao Proxecto Wolf nun proxecto transnacional, xa que a el se incorpora o Grupo de Acción Local portugués Corane.
Neste axto tamén participaron os presidentes doutros GDRs socios, entre eles o presidente do ADRI Valladolid Norte e a presidente de ADATA, ámbolos dous na foto.
Os socios do proxecto Wolf aproveitamos este día para celebrar unha xuntanza de traballo para programar as actividades a levar a cabo nos vindeiros meses, nas que se inclúe unha visita á Fonsagrada de tódolos Grupos participantes e que servirá como un encontro entre o sector primario destas rexións.
Nesta próxima reunió
n participarán gandeiros e técnicos dos GDRs españois, pero tamén do portugués e do estonio incluídos no Proxecto.
n participarán gandeiros e técnicos dos GDRs españois, pero tamén do portugués e do estonio incluídos no Proxecto.Pola tarde, e diante de GDRs da eurorexión, puidemos facer unha presentación do ProxectoWol,onde se fixo fincapé no traballo levado a cabo polos dous GDRs galegos que participamos nel: o GDR Ancares e o GDR Montes e Vales.
Terça-feira, 14 de Dezembro de 2010
VI XORNADAS AGRARIAS GALEGAS
Os vindeiros 17 e 18 de Decembro, terán en lugar no Concello de Melide, as VI Xornadas Agrarias Galegas sobre Cooperativismo e Producción Agroforestal Sostible en Galicia. Organizadas pola Federación Rural Galega, FRUGA, comezarán o venres ás 17:00 h no Hotel Carlos 96, e estarán abertas ao público.
Para asistir haberá que confirmar asistencia nos teléfonos 608929478 e 615946927.
TRÍPTICO XORNADAS
Para asistir haberá que confirmar asistencia nos teléfonos 608929478 e 615946927.
TRÍPTICO XORNADAS
Sexta-feira, 3 de Setembro de 2010
PROXECTO WOLF: WILD LIFE AND FARMERS
Este proxecto ten como obxectivo principal plantexar e entregarlle á Comisión Europea e aos Estados Membros unha proposta de consenso, empregando o enfoque LEADER, que inclúa un estudio comparativo de medidas e accións de coexistencia e agrocompatibilidade. Preténdese con isto poñer en valor a figura do gandeiro como peza clave para desenvolver territorios sostibles, e que se recoñeza a súa laboura na conservación desta especie, buscando medidas que compensen, economica e socialmente, este esforzo.

Na orde do día desta reunión, entre outras cousas, aparecía a elección do logotipo que identificará este proxecto a nivel internacional. O modelo elexido representa a compatibilidade entre o lobo, o gando e os gandeiros, e recolle, en palabras do presidente do GDR Montes e Vales, "a filosofía de traballo deste proxecto",que pretende convertirse en transnacional, ca incorporación de Grupos de Portugal, Rumani, Eslovaquia e Estonia.
A próxima reunión celebrarase o vindeiro 15 de Setembro en Madrid, e servirá para que os socios deste proxecto asinen o Convenio de Cooperación, que inclúe actividades ata o 2013, e que conta cun investimento de 400.000 €.
Quarta-feira, 28 de Julho de 2010
RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO DE TÉCNICO
Tras o período de alegacións, publícanse os resultados definitivos para a provisión dun técnico para o GDR3.
RESULTADOS FINAIS PROCESO
RESULTADOS FINAIS PROCESO
Quarta-feira, 21 de Julho de 2010
Puntuacións provisionais do proceso de técnico
A continuación, publícanse as calificacións provisionais obtidas polos 10 aspirantes no proceso selectivo para a provisión dun técnico para o GDR3
Puntuacións provisionais
Puntuacións provisionais
Sexta-feira, 9 de Julho de 2010
CONVOCATORIA PARA A 2º PROBA
A segunda proba, correspondente á entrevista, para a provisión dun posto de técnico para o GDR3, celebrarase o vindeiro día 13, martes, na oficina da Asociación Montes e Vales de A Fonsagrada, con enderezo na Avda de Galicia, 36, 2º, a partires das 16:15 h da tarde.
Os candidatos serán convocados de forma individual, e seguindo unha orde alfabético, ás seguintes horas:
- Barreiro Domínguez, Javier: 16:15 h
- De La Fuente Cedrón, Vanesa: 16:30 h
- Díaz Vidueira, Mónica: 16:45 h
- Enríquez García, María José: 17:00 h
- Gómez Vázquez, Ibán: 17:15 h
- Ledo Pan, Xosé Antón: 17:30 h
- Losada Rivas, Juan: 17:45 h
- Pico Pena, María Elena: 18:00 h
- Rival Val, Héctor: 18:15 h
- Sánchez Dacal, Ángel: 18:30 h
Subscrever:
Mensagens (Atom)





