Páginas

ABERTURA DA OFICINA DE PROMOCIÓN DO TERRITORIO

Desde este martes, 1 de Xullo, e ata o 30 de Setembro, o Grupo de Desenvolvemento Rural 3 manterá aberta unha oficina de promoción e valorización do territorio na Aula 2 do Instituto Vello da Fonsagrada en horario de 9:00 ha 14:00 h para ofrecer a todas e todos aqueles que acudan información e asesoramento sobre aspectos das Reservas da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón e Terras do Miño, así  como doutros espazos incorporados á Rede Galega de Espazos Protexidos. Con esta oficina, pretendemos a dinamización e potenciación destes recursos do noso territorio, dando a coñecer as súas potencialidades e posibilidades.
Ademáis desta laboura de información, o persoal encargado da atención, asesorá sobre axudas relacionadas con este espazo, así como rutas e outras actividades organizadas pola propia oficina.
Levarase a cabo tamén un planning de charlas e cursos, así como de publicacións, do que iremos informando neste blog, que estarán abertas ao público en xeral.
Para máis información, podes dirixirte ao enderezo electrónico valorizaciongdr3@hotmail.com. 

Sem comentários:

Enviar um comentário