Páginas

Rede Rural Galega

O pasado 16 de setembro a Asociación Montes e Vales participou, como convocante, nunha xuntanza de Grupos de Desenvolvemento Rural de toda Galicia.Os temas a tratar foron dous:

1) A Creación dunha Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural Galegos.
A nosa Asociación ten grande interese en formar parte de dita asociación xa que os obxectivos da súa creación son, entre outros:
• Servir de portavoz de tódolos grupos ante as distintas administracións
• Establecer un foro de debate sobre as oportunidades do desenvolvemento rural en Galicia
• Facer un seguimento da execución do Feader
• Participar e propoñer proxectos de Cooperación
• Apoio permanente ós GDR´s
• Buscar novas fontes de financiamento para o desenvolvemento rural.

Chegouse ao acordo de constituír unha asociación soamente de GDR’s a partires de unha que xa estaba creada do LEADER anterior, aproveitando o nome e o CIF e tomando como base os seus estatutos para a elaboración duns novos

.2) A situación económica e financeira dos grupos. Ante as grandes dificultades que os grupos están a pasar neste eido, acordouse solicitar unha entrevista co Director Xeral de AGADER co obxectivo de buscar unha solución á nosa problemática o antes posible. Tamén chegouse ao consenso, de enviar unha nota de prensa a distintos medios de comunicación, co obxectivo de dar a coñecer a Reunión de GDR’s e o seu fundamento.

X.D. Montes e Vales

Sem comentários:

Enviar um comentário