O Grupo de Desenvolvemento Rural 3 “Asociación Montes e Vales” comezou a sua andaina este mes de Outubro.
Nestes momentos encontrámonos traballando na Orde de Convocatoria de Axudas do Grupo de Desenvolvemento Rural que, á espera de recibir a autorización por parte de Agader dos baremos dos proxectos, esperamos abrir nas próximas semanas.
A partir dese momento, xa poderemos comezar a recibir as solicitudes dos promotores tanto para proxectos productivos como non productivos.
Da convocatoria e do resto das novas que vaían xurdindo pode estar puntualmente informado na nosa páxina web gdr3montesevales.blogspot.com, así como na de agader.xunta.es.
Como Asociación fundadora deste Grupo de Desenvolvemento Rural, consideramos que é unha parte fundamental nel e convidámolo a que, ante calquera suxestión ou petición que queira facer, non dubide en poñerse en contacto con nós.
Avda. de Galicia 36-2
27100 A Fonsagrada
Tfno/fax: 982-34-03-67
E-mail: gdr3montesevales@gmail.com
Sem comentários:
Enviar um comentário