Páginas

O GDR3 visita Ourense


O pasado mércores 26 de Maio, e dentro das súas actividades de adquisición de capacidades, o GDR3 realizou unha viaxe á provincia de Ourense. Os asistentes, fundamentalmente gandeiros do territorio, puideron visitar a explotación de Antonio Dacuña, en Lobios, e a cooperativa Biocoop, en Verín.

A visita serviu para coñecer dúas experiencias de comercialización de productos agrarios.

En Lobios puidemos coñecer a experiencia de Queixos do Xurés, detrás da que está Antonio, un xoven emprendedor que apostou por quedar no rural e adicarse a súa explotación de gando cabrún de leite, mentres que en Verín, puidemos conversar con Xosé Luis, xerente da cooperativa Biocoop que comercializa carne de razas autóctonas.

Sem comentários:

Enviar um comentário