Páginas

O GDR3 ESTARÁ PRESENTE NA IV FEIRA DE ARTESANIA DE RIOTORTO

O vindeiro domingo 18 de Abril celebrarase a IV edición da Feira de Artesanía en Riotorto.
Esta feira, promovida polo concello de Riotorto, e que contará ca colaboración da Asociación para a promoción social dos ferreiros de Riotorto, pretende a dinamización do sector artesanal do ferro local.
Nela participarán 6 ferreiros locais, que venderán os seus productos o domingo a partires das 11:00h da mañá.
Ademais ó longo do día levaranse a cabo numerosos obradoiros de oficios tradicionais, actuacións musicais, rematando a xornada ca actuación do grupo folk Leña Verde.
O GDR3 colaborará neste evento co reparto ,
por parte dos ferreiros de Riotorto, de bolsas reutilizables e trípticos informativos das axudas que xestiona ó abeiro da convocatoria Leader 2007-2013.

Sem comentários:

Enviar um comentário