Páginas

Xornadas de valorización das Reservas da Biosfera

Logo de case tres meses de traballo na oficina de promoción do territorio, a vindeira semana organizaremos a vindeira semana as I Xornadas de valorización da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón e da Reserva Terras do Miño  na Fonsagrada e en Meira respectivamente.
A xornada da Fonsagrada celebrarase o luns 29 de Setembro, e comezaremos ás 10:00 h da mañá. Será no Salón de Actos de Os Chaos.
Polo que respecta á xornada de Meira, será no Salón de Actos da Casa da Cultura, e comezará ás 10:30 h o próximo martes 30.
Para facilitar a programación das xornadas, rógase que confirmen a asistencia no email valorizaciongdr3@hotmail.com ou no teléfono 982330350. 

Sem comentários:

Enviar um comentário