Páginas

O GDR Montes e Vales estará na II Edicion da Festa do Viño de Negueira de Muñiz

O vindeiro día 21 de abril ás 12:00 horas abrirá a II Festa do Viño de Negueira de Muñiz, coa presencia dunha ducia de adegas da bisbarra que poñerán a degustación do público asistente as elaboracións do ano 2011. Apoian o evento o Concello de Negueira de Muñiz e a Deputación Povincial, a organizaicón corre por parte da Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e Viñedos da Ribeira do Río Navia e coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura e Federación Rural Galega FRUGA. Contarase para ler o pregón de apertura con Pepe Rodríguez, empresario con longa experiencia no sector do viño galego.
O pregoeiro está ligado á comarca do Navia por estar casada cunha fonsagradina e xa desde os anos 80 probar os viños a Negueira no tradicional Cacho, a śua experiencia no sector comeza no ano 89 cando funda Viñedos Torroxal, xérmolo da mundialmente coñecida como Terras Gauda do Rosal, noa no 95 dirixe a creación de Adegas Galegas e o Grupo Galiciano que foi pioneiro no panorama galego no que respecta a expandirse fora das nosas fronteiras, desta iniciativa sairon viños como Veigadares e Pedro Soutomaior de Rías Baixas, Dia e Noite de Valdeorras e viños do Bierzo, Fontes de Ropel en León e Clos dels Cododols na DO Monsant de Tarragona. Tamén ten participado en innúmeras conferencias e taboas redondas por todo o Estado e no estranxeiro como a Universidade de Puerto Rico, Borgoña (Beaune) e Burdeos (Saint Emilión), nestes últimos caso investido como cabaleiro.
Actualmente participa en proxectos vitivinícolas das Rías Baixas e Rioxa. BrancaNa tarde do venres ás 20:00 horas, na Casa dos Cazadores de Negueira de Muñiz, haberá unha presentación e cata de viños elaborados na comarca como as elaboracións experimentais de Branca Lexítima, Verdello Tinto e Tinto Serodio, que son as variedades autóctonas no val do Navía. Esta presentación será dirixida polo enólogo Roberto Regal de Chantada e contará coa participación de Francisco Rego como Responsable de Viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) que falará do potencial da castes ancestrais do Navia. Tamén se contará coa presencia de persoeiros vinculaados coa veciña zona dos Viños de Terra de Cangas de Narcea en Asturias. As elaboracións experimentais xurdiron da colaboración coa AGV-FRUGA a raiz das anteriores Xornadas do  Viño en Negueira no ano 2011.