O pasado 28 de Xuño, o presidente do GDR Montes e Vales, Xosé Manuel López Tellado, asistiu en Monterrei (Ourense) á sinatura do Convenio que convertirá ao Proxecto Wolf nun proxecto transnacional, xa que a el se incorpora o Grupo de Acción Local portugués Corane.
Neste axto tamén participaron os presidentes doutros GDRs socios, entre eles o presidente do ADRI Valladolid Norte e a presidente de ADATA, ámbolos dous na foto.
Os socios do proxecto Wolf aproveitamos este día para celebrar unha xuntanza de traballo para programar as actividades a levar a cabo nos vindeiros meses, nas que se inclúe unha visita á Fonsagrada de tódolos Grupos participantes e que servirá como un encontro entre o sector primario destas rexións.
Nesta próxima reunión participarán gandeiros e técnicos dos GDRs españois, pero tamén do portugués e do estonio incluídos no Proxecto.
Pola tarde, e diante de GDRs da eurorexión, puidemos facer unha presentación do ProxectoWol,onde se fixo fincapé no traballo levado a cabo polos dous GDRs galegos que participamos nel: o GDR Ancares e o GDR Montes e Vales.
Sem comentários:
Enviar um comentário