O pasado 1 de Setembro celebrouse en A Fonsagrada unha nova xuntanza de traballo dos Grupos de Desenvolvemento Rural que participan no proxecto de cooperación Wolf. A esta reunión, ademais do GDR Montes e Vales, asistiron outros 9 Grupos de Zamora, Palencia, Valladolid, Asturias e Galicia.
Este proxecto ten como obxectivo principal plantexar e entregarlle á Comisión Europea e aos Estados Membros unha proposta de consenso, empregando o enfoque LEADER, que inclúa un estudio comparativo de medidas e accións de coexistencia e agrocompatibilidade. Preténdese con isto poñer en valor a figura do gandeiro como peza clave para desenvolver territorios sostibles, e que se recoñeza a súa laboura na conservación desta especie, buscando medidas que compensen, economica e socialmente, este esforzo.
Na orde do día desta reunión, entre outras cousas, aparecía a elección do logotipo que identificará este proxecto a nivel internacional. O modelo elexido representa a compatibilidade entre o lobo, o gando e os gandeiros, e recolle, en palabras do presidente do GDR Montes e Vales, "a filosofía de traballo deste proxecto",que pretende convertirse en transnacional, ca incorporación de Grupos de Portugal, Rumani, Eslovaquia e Estonia.
A próxima reunión celebrarase o vindeiro 15 de Setembro en Madrid, e servirá para que os socios deste proxecto asinen o Convenio de Cooperación, que inclúe actividades ata o 2013, e que conta cun investimento de 400.000 €.
Sem comentários:
Enviar um comentário