O pasado día 18 de Xuño e en colaboración co GDR5, o Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales, a través do seu presidente, Ignacio Eiros García, e de Salvador Ronda Citores, presentou a nivel autónomico o "proxecto Lobo: Vida Salvaxe e Gandeiros".
Este proxecto de cooperación, que inclúe GDRs de 4 Comunidades Autónomas e conta ca colaboración de Grupos doutros tantos países europeos, busca atopar puntos de encontro entre os diferentes axentes sociais, económicos e medioambientais para acadar nos territorios solucións e posibles aproveitamentos para o recurso no que pode convertirse o lobo.
O obxectivo último deste proxecto é plantexar á Comisión Europea e ós Estados Membros unha proposta de consenso, onde se poña en valor a figura do gandeiro como activo clave para a contribución ó desenrolo sostible e a conservación da biodiversidade, e que serva para valorar e compensar este esforzo feito polo sector agrogandeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário