Páginas

O GDR3 PARTICIPA NAS CHARLAS DE GANDERÍA EXTENSIVA EN A FONSAGRADA

O pasado luns 1 de Marzo comezaron en A Fonsagrada unhas charlas informativas sobre gandería extensiva. Estas xornadas están dirixidas ós gandeiros da comarca e poderán participar nelas de forma aberta. Organizadas pola FRUGA (Federación Rural Galega), rematarán o próximo Mércores 10 de Marzo. O GDR3 participou nestas charlas a través da súa xerente, Mónica Rancaño Freire, ofrecendo unha charla informativa sobre Desenvolvemento Rural. Nesta charla, a que asistiron uns 50 gandeiros da comarca de A Fonsagrada, ademais de informar ós gandeiros sobre as medidas e liñas de axuda da Convocatoria LEADER Galiza 2007-2013 que mellor se adaptan ás súas características, se analizaron aspectos do sector
na comarca a través dunha análise DAFO. O programa
completo das charlas é o seguinte:

LUNS 1 DE MARZO: 19:30h a 23:00h: Mónica Rancaño Freire (xerente do GDR3): Desenvolvemento Rural a través dos GDR

MARTES 2 DE MARZO: 17:30h a 22:30 h: Alicia Trashorras Madarro: módulo de igualdade de xénero no sector agrario

MÉRCORES 3 DE MARZO: 19:30 h a 23:00 h: Pablo Lúgaro Seco (técnico dos servizos de extensión agraria):Subvencións na gandería extensiva de carne

LUNS 8 DE MARZO: 19:30 h a 23:00 h: Eloi Villada Legaspi (técnico do FOGGA): Xestión de recursos pastables extensivos

MARTES 9 DE MARZO: 19:30 h a 22:30 h: Eloi Villada Legaspi (técnico do FOGGA): Xestión de recursos pastables extensivos.

MÉRCORES 10 DE MARZO: 19:30 h a 23:00: Pablo Lúgaro Seco (técnico dos servizos de extensión agraria): Modelos de xestión territorial.

Sem comentários:

Enviar um comentário