Páginas

Reunión técnica


O pasado día 29 de xaneiro os grupos de desenvolvemento Rural de A Mariña, Montes e Vales, Terras de Lugo e Ancares-Caurel celebraron unha xornada técnica nas oficinas que Montes e Vales ten en Meira. Estas reunións sirven para a posta en común de aspectos técnicos no desenrolo do programa LEADER , a cooperación entre os grupos , e a petición conxunta de ofertas de servizos externos para conseguir melloras nos prezos. Tamén se analizaron propostas conxuntas de cooperación destes grupos que representan a 35 concellos lucenses.
Estes catro grupos están a participar cos restantes da provincia nunca postura conxunta para formar parte dos órganos de decisión das Reservas da Biosfera, a cal xa foi trasladada á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.
M.V. comunicación

Sem comentários:

Enviar um comentário