Este programa, que está financiado polo Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade, busca promover a formación ambiental dos traballadores, incrementando as súas competencias e cualificación, promovendo a incorporación da sostibilidade na empresa e a adaptación das actividades económicas á normativa ambiental, así como detectar novas oportunidades de negocio ligadas á conservación e valorización do medio.
As súas actividades desenrolaranse desde Outubro do 2009 a Maio de 2011. A primeria destas actividades vai ser un curso de Formación e manexo dos sistemas de información xeográfica aplicado á xestión dos recursos naturais. Entre os obxectivos do curso están coñecer os últimos avances no manexo da información xeográfica e dos sistemas de información xeográfica así como as distintas tecnoloxías de captura da información xeográfica. Os destinatarios serán os traballadores, profesionais autónomos, empresarios, agricultores, e gandeiros dos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño ( Pol, Meira e Riotorto do GDR3).
A matrícula deste curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela é gratuita. Ten unha duración de 30 horas e celebrarase os días 10-11-12 e 17-18-19 de decembro (tardes de xoves e venres, e mañás dos sábados) no edificio CACTUS, no campus de Lugo.
Para mais información:
info.esmino@gmail.com
http://www.idealugo.es/esmino

Sem comentários:
Enviar um comentário