Páginas

Información de asesoramento a xóvenes investigadores

Asesoramento a xóvenes investigadores para a constitución de empresas de
alimentación é unha das actuacións de mellora da comercialización de
produtos autóctonos que promove a Deputación Provincial de Lugo, no marco do
proxecto medioambiental LugO2, cofinanciado con fondos europeos FEDER
nun
70%. O seu obxectivo xeral é o desenvolvemento endóxeno dos concellos
incluídos nos espazos naturais protexidos da nosa provincia (as tres
Reservas da Biosfera e O Courel) mediante a valoración dos recursos naturais
dispoñibles e a sensibilización ambiental de habitantes e visitantes.

Nesa actuación ofrécese aos novos investigadores un asesoramento completo
para constituír a súa empresa do sector alimentario no ámbito de actuación
de LugO2.

Esta actividade vai dirixida a xóvenes, diplomados ou licenciados
universitarios, menores de 40 anos, que teñan participado en proxectos ou
estudos de investigación, dispoñan unha idea de negocio e queiran crear unha
empresa do sector agroalimentario.

Ofrecémoslles o asesoramento técnico e económico preciso para o análise da
viabilidade do seu proxecto sen coste. Se o proxecto é viable, tramitaremos
gratuitamente toda a documentación para a constitución da empresa

Mais info: Lugo2

Sem comentários:

Enviar um comentário