.Nota informativa Montes e Vales
Mónica Rancaño Freire, (enxeñeira Agrónoma) natural de A Pontenova resultou elixida para a xerencia que xestiona os fondos concedidos a través do LEADER 2007-2013 ó Grupo de Desenvolvemento Rural 3 Montes e Vales, tal como informou o presidente Ignacio Eiros, logo do proceso de selección de persoal, no que tamén saíu elixida Mª Pilar Muiña Luna coma administrativa do grupo, a presentación da equipa técnica tivo lugar o pasado xoves día 21 ante a xunta directiva de Montes e Vales, celebrada na sede do grupo en Fonsagrada, Na que tamén se aprobou designar a Salvador Ronda coma representante do GDR3 na mesa institucional da Unidade de Xestión forestal do noso territorio.
O grupo espera abrir a convocatoria de axudas para o mes de xullo, así coma o local que albergará a subsede de Meira que contará con aula de formación, o equipo técnico empezará o mes de xuño, sempre e cando teñamos garantizados os recursos económicos para o correcto funcionamento do grupo.
Sem comentários:
Enviar um comentário